Monday 06 de May de 2024

Conmemoración do Día da República, este domingo na Fábrica


O domingo, 14 de abril, conmemórase na Fábrica o 92º aniversario da proclamación da Segunda República, que foi violentada polo golpe de estado franquista de 1936. Primeiramente, ás 12:00 horas, inaugurarase a exposición de Laura Gualda “As cores dunha ollada” e de seguido proxectarase o documental “Tras os pasos de María Casares”, de Isabel Blanco, con posterior coloquio a propia directora.

A mostra de Laura Gualda é unha exposición multidisciplinar (pintura, escultura e xoiería artística) que rinde homenaxe aos dereitos e liberdades que se lle outorgaron á muller na Constitución española de 1931, así como ás mulleres coñecidas como “As Treces Rosas”, que foron fusiladas polas súas ideas e simpatías republicanas tras a finalización da Guerra Civil española.

No filme, as actrices Isabel Blanco e Sabela Hermida percorren, a través de entrevistas con personaxes que coñeceron á gran figura do teatro francés do século XX, a vida de María Casares. É un documental realizado co apoio do Servizo Cultural da Embaixada Española en Francia.